Bos
días, compañeiros e compañeiras!
Aquí
estamos de novo; desta vez para falar doutros dos temas que tamén
revisten grande importancia para o noso labor pedagóxico: as
competencias clave e o ensino da gramática e do vocabulario. Xa
vedes que por unha banda imos centrarnos en aspectos transversais que
temos que incluír na nosa aula de lingua e, pola outra, en temáticas
vinculadas directamente á metodoloxía de ensino da lingua
estranxeira en si mesma.
Comecemos,
pois, polas competencias. Este
é un tema que me interesa particularmente porque, ao igual que
comentabamos na entrada precedente, hai que ter presente que o
proceso de ensino-aprendizaxe ten que ir encamiñado ao
desenvolvemento integral da persoa, non soamente á mera adquisición
de 'coñecemento'. E estamos a falar de 'ensino-aprendizaxe', polo
que é algo que compete a docente e discente. Polo que respecta á ou
ao docente, este/a ten que reunir tres saberes para resultar
competente: o máis estritamente teórico (saber), o máis práctico
(saber facer) e que trataremos ao abordaren o deseño das actividades
na segunda metade desta entrada e, por último, un saber emocional
(saber ser) que implica ter boas habilidades intra e interpersoais
para poder cultivar relacións sas co alumnado. Se nos centramos
agora no estudante, esta/e ten que adquirir unha serie de
competencias clave (segundo a LOMCE) ou competencias básicas
(segundo a LOE) que lle permitan 'aplicar de xeito integrado os
contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa, e para lograr a
realización adecuada de actividades e a resolución eficaz de
problemas complexos' (DECRETO
86/2015, de 25 de xuño).
O cambio da LOE á LOMCE non é soamente de nomenclatura. Os
outros dous cambios máis significativos foron o paso da
'competencia matemática' e a 'competencia no coñecemento e a
interacción co mundo físico' a unha única 'competencia matemática
e competencias básicas en Ciencia e Tecnoloxía', polo que estas
pasaron de ser oito a ser sete; a reescritura de 'autonomía persoal'
por 'sentido da iniciativa e espírito emprendedor', co foco moito
máis claro no mercado e, por último, a redución da competencia
'tratamento da información e competencia dixital' a 'competencia
dixital':
Competencia dixital. Ilustración para uso Educativo das TIC.
(fonte)
Iso
si, lembrade que temos que traballar tódalas competencias que marca
a lei en cada unidade, aínda que non é obrigatorio traballar
tódalas competencias en tódolos cursos. Por exemplo, segundo a Guía
da LOMCE da Xunta, as competencias sociais e cívicas non
hai que tratalas en primeiro da ESO, e tampouco fai mención ás
competencia matemática e competencias básicas en ciencia e
tecnoloxía, nin á do sentido da iniciativa e espírito emprendedor.
O que temos que ter claro é que a final de curso o corpo docente
terá que avaliar tódalas competencias que si teñamos que ter en
conta por lei.
Seguro
que de tanto falar de competencias tendes ganas de tratar algo máis
circunscrito e manexable... pois ben, pasemos ao bloque máis
'lingüístico', centrado na competencia lingüística. Como
podemos traballar
a gramática e o vocabulario na aula de lingua?
O enfoque no que nos imos mover é o enfoque comunicativo. Como o seu nome indica, este prima a comunicación sobre a corrección, en
clara contraposición coa postura máis gramatical (método
gramático-tradución) que tan estendida está na práctica. Persoalmente, considero que debemos centrarnos menos na precisión en niveis
iniciais e traballala máis en niveis avanzados, nos que a lingua xa
se vai empregar para usos máis específicos e formais, normalmente
de corte académico ou profesional. Estou de acordo en que é
importante adoptar unha postura intermedia entre o método dedutivo
tradicional é o método indutivo, xa que creo que a comunicación
ficou demasiado abandonada en aras da corrección durante demasiado tempo, pero tamén considero que o coñecemento da gramática (e da
tradución) e útil na aula. As reflexións gramaticais permiten
elaborar textos máis precisos, e o emprego das linguas iniciais e/ou
segundas do alumnado pódenos axudar a aclarar puntos de difícil
comprensión, así como a acelerar a aprendizaxe por comparación,
forzándoos a centrarse nas cuestións que, por influxo destas
linguas, máis problemas poden ocasionar. Non en van estamos a falar
do potencial do plurilingüismo para mellorar as competencias en LE ou,
como comenta a miña compañeira Laura Rodríguez Salgado, a
importancia da translinguaxe.
En calquera caso, algo que aplaudo da chegada do método comunicativo
é o tratamento do erro que fai. Como xa cometamos noutra
ocasión, é importante saber se e cando corrixir, e de que modo
facelo para que resulte efectivo e non mine a autoestima e a motivación pola aprendizaxe do alumnado.
Porén... como se concreta esta metodoloxía comunicativa na introdución dunha
cuestión gramatical ou de vocabulario específica? Pois ben, é
importante facer unha actividade de warm-up,
contextualizar a cuestión gramatical ou léxica nun texto (no
sentido amplo do termo), partir deste para activar o proceso indutivo
(no caso da gramática) e asegurarnos de que as respostas son
axeitadas e de que o vocabulario se entende, aclarando os conceptos que
fagan falta. É moi importante que os exercicios que fagamos vaian
aumentando en dificultade de maneira progresiva. Para que vexades un
pouco como se podería pór en práctica o tratamento dunha cuestión
léxica, a miña compañeira Joana Costas Domínguez e mais eu
deseñamos estas tres actividades de vocabulario, nas que empregamos varios dos tipos facilitados pola docente durante as sesións como exemplos de actividades que adoitan motivar ao alumnado. Aquí tendes a ligazón directa a primeira delas, elaborada con Educaplay, por se queredes probala vós mesmos/as:
Pois nada, compañeiras, xa vedes que na aula de LE é importante introducir os contidos léxicos e gramaticais de maneira dinámica e motivadora, na progresión axeitada e, a poder ser, seguindo unha metodoloxía comunicativa. Do mesmo xeito, debemos valorar bastante cando cómpre ou non facer unha corrección, e de que maneira facela. Por outra banda, á hora de elaborar calquera unidade didáctica non debemos esquecer como imos traballar as competencias clave que, por lei, debemos tratar nos distintos cursos de secundaria. É importante saber cando e como as imos traballar para facilitar a avaliación das mesmas a final de curso pero, sobre todo, para non esquecer que a nosa labor docente vai moito máis alá do ensino da LE e ten que incluír o desenvolvemento de aptitudes que exceden as estritamente comunicativas. Ter isto presente nos axudará a non esquecer o papel de educadores que temos que desempeñar en toda a amplitude do termo. Boa sorte!

Hola, Ruth. En primer lugar quisiera felicitarte por tu entrada, ya que creo que abordas los temas y actividades tratadas en clase y, además, aportas tus comentarios y reflexiones personales, así como información adicional muy interesante. Estoy de acuerdo contigo en que es muy importante, como docentes, que tener en cuenta el desarrollo de actitudes y habilidades que van más allá de las comunicativas, por lo que no debemos descuidar nunca la implementación de competencias y contenidos transversales en el aula.
ReplyDeleteAsimismo, y en lo referente a las correcciones concuerdo en que es esencial valorar si hacerlas o no, cuando y como, ya que no siempre pueden tener el efecto que nosotros desearíamos. Deberemos evaluar cada caso de manera individual con el fin de que sirvan su propósito, de que fomenten el desarrollo del alumno a múltiples niveles y de que ayuden en su proceso de aprendizaje.
Hola, Cayetana:
DeleteGracias por tus aportaciones. Y sí, es cierto que hay que valorar cuándo hacer las correcciones. También he conocido alguna profesora que considera que también es más productivo corregir de manera sistemática, sobre todo en niveles altos. Creo que, mientras no se mine la confianza de la persona y se esté aprendiendo, casi cualquier opción es válida.
¡Un saludo!
Gracias por vuestros comentarios Cayetana y Rut,
DeleteUn saludo,
Úrsula.
¡Hola Rut!
ReplyDeleteEnhorabuena por la entrada, me ha parecido muy clara y fácil de seguir. Me han parecido muy interesante los enlaces, y en especial la actividad que habéis diseñado Joana y tú. Estoy de acuerdo con Cayetana y contigo sobre el tratamiento de los errores y el no dejarnos llevar por “el boli rojo” que tanto hemos mencionado en clase.
Un saludo
Carla Ingeian
Muchas gracias por tu comentario, Carla. Y sí, tiene razón en lo de que el tratamiento de errores es un tema delicado y el 'boli rojo' no siempre es la mejor solución. Por mi parte, prefiero el color verde... usado con moderación.
Delete¡Un saludo!
Gracias por los comentarios Carla y Rut,
DeleteUn saludo,
Úrsula.
Ola Rut,
ReplyDeleteGrazas pola túa entrada.
Engado os meus comentarios a continuación:
Non fixeches o exercicio 1 da sesión 3 onde tiñas que dicir como contribuímos dende a materia de LE as diferentes competencias. Conta polo tanto como non entregada.
Na túa entrada pos: “O enfoque no que nos imos mover é o enfoque comunicativo. Como o seu nome indica, este prima a comunicación sobre a corrección, en clara contraposición coa postura máis gramatical (método gramático-tradución) que tan estendida está na práctica.” Ollo, isto non é de todo correcto. O enfoque comunicativo non está en contraposición co enfoque dedutivo (prima la gramática). Temos o enfoque dedutivo fronte ao indutivo (prima a fluidez sobre a precisión. O enfoque gramatical atópase no medio dos dous extremos. O enfoque comunicativo supón un equilibrio entre o enfoque indutivo e o dedutivo. Con este enfoque só se a gramática necesaria para o contexto comunicativo.
Nas actividades de vocabulario non inclúes a temporalización. Sen esta información é moi complicado avaliar a actividade, xa que non te podo dicir se as actividades son suficientes para ou non xa que non sei cantas sesións son. As actividades que propós son moi interesantes e están ben. Está ben que pensaras no ACNEAE. É unha mágoa que non pensases nos fast-finishers nin no/a auxiliar de conversa. A actividade que propós como actividade unha, para min sería o warm-up. Gustoume moito a actividade que creaches en Educaplay e que empregases imaxes libres. Precisarías engadir unha actividade 1 guiada. De tódolos xeitos, paréceme que meteres tres temas de vocabulario é demasiado. Ademais a verdade é que eu non vexo moita relación entre o tema da música e do equipamento de aventura. Son moi poucas actividades para un vocabulario tan diverso. Ademais un dos temas non os introduces ao principio dos exercicios (tódolos temas teñen que ter un warm-up, un exercicio guiado, outro semiguiado e outro aberto). Eu poría o xogo de Taboo ou Catchphrase antes da conversation competition proque é máis complexa e unha actividade moito máis aberta. Fíxate tamén, que aquí lle pides ao alumnado que un tema que acabas de presentar o empregue sen modelalo.
Presentas o blog en galego pero as actividades en castelán.
Grazas polo teu traballo e esforzo,
Un saúdo,
Úrsula.