Situacións e variábeis na situación de ensino das linguas estranxeiras

Boas tardes, compañeiras/os:

Aínda que xa non nos vexamos en persoa, esta aventura de aprendizaxe continúa en formato virtual. Estamos aquí para afianzar os conceptos que estivemos a tratar ao longo das tres sesións que compartimos co profesor Gonzalo Consenla Bergueito. Durante ese breve espazo de tempo, tratamos conceptos que calquera persoa que queira adicarse á docencia de linguas tería que ter claros, e o fixemos da man dun gran número de actividades prácticas de moi diversa índole. Comecemos, pois, o percorrido.

O primeiro bloque temático que tratamos estivo relacionado coas linguas e coas súas distintas categorizacións, así como co concepto de repertorio lingüístico. Antes de embarcarnos na teoría, realizamos un diagrama de Venn para poder ver as diferenzas e semellanzas existentes entre linguas estranxeiras e linguas maternas, tanto no tocante ás linguas mesmas como á súa ensinanza. Persoalmente, a actividade resultoume sumamente complexa porque me faltaban especificacións: nin me quedaban claros os conceptos 'lingua estranxeira' e 'lingua materna', nin era quen de xeneralizar sen ter en conta outras variables contextuais, como as características persoais do alumnado. Por sorte para min, e como xa adiantei, o resto das sesións irían encamiñadas a aclarar toda esta confusión... Comezaríamos pois con categorizar as distintas linguas en función do seu contexto de adquisición en lingua inicial, en lingua segunda e en lingua estranxeira. Esta primeira fase resultoume moi útil, pois o termo 'lingua materna' sempre me resultou moi confuso, entre outras cousas porque etimoloxicamente parece presupor que a lingua da nai ten máis peso, probablemente por ser a persoa que normalmente adoita coidar máis e, polo tanto, pasar máis tempo coa crianza, situación que, por sorte, xa está comezando a mudar, co que pode que o seu emprego deixe de ter tanto sentido. Proseguimos explorando outra posible categorización das linguas en función do seu contexto de uso en lingua habitual, lingua de traballo e lingua vehicular. Posto que as taxonomías son sempre imperfectas, gustoume moito que se nos presentasen dúas distintas en función de dous criterios ben diferenciados.
Para entender un pouco esta segunda tipoloxía, fixemos unha actividade de Placemat na que tivemos que responder a preguntas sobre esta temática de maneira individual e logo chegar a un consenso grupal (podedes ver as respostas que deu o meu grupo a unha das preguntas), para facer finalmente unha posta en común global. Creo que o dividirnos en grupos e darlle distintas preguntas a cadanseu 'equipo' é moi útil, xa que multiplica o número de preguntas que se poden tratar e favorece que a posta en común final con todo o grupo-aula sexa máis dinámica, o que considero que é moi positivo de cara a captar a atención do alumnado. Esta actividade serviume para corroborar que as persoas que traballan nun centro de ensino público impartindo determinadas materias teñen que falar obrigatoriamente en galego, sexan ou non galego-falantes. Isto vén estipulado no Decreto do plurilingüismo (Decreto 79/2010), que especifica, no seu artigo 7º sobre a Educación Secundaria Obrigatoria, que 'se impartirán en gallego las asignaturas de Ciencias sociales, Geografía e historia [o caso que nos ocupaba na actividade], Ciencias de la naturaleza y Biología y geología'. Outra cousa que me chamou a atención con respecto as políticas lingüísticas das empresas foi a política que tiña El Corte Inglés de prohibir falar galego aos seus empregados/as. Creo que isto pon de manifesto como as políticas lingüísticas deste tipo moitas veces teñen presentes máis criterios que o meramente comunicativo... A continuación, continuamos abordando á cuestión do repertorio lingüístico  ou 'conxunto de elementos lingüísticos coñecidos por un falante ou por unha comunidade de falantes'. Posto que este concepto pode resultar un tanto vago de boas a primeiras, xa que engloba unha infinidade de elementos (fonemas, rexistros, variedades...), o abordamos de forma práctica coa realización dunha actividade colaborativa en liña que tiña por obxecto permitirnos visualizar o repertorio lingüístico da aula. A verdade é que, no caso do noso grupo, quedou bastante 'colorido'; amosando, ao meu ver, a nosa diversidade dun xeito moi visual. 

Tras estas clarificacións metodolóxicas sobre as taxonomías de linguas ou o repertorio lingüístico, retomamos o tema que máis nos ocupa: a súa didáctica que, loxicamente, variará en función de se nos estamos a enfrontar ao ensino dunha primeira lingua, dunha segunda lingua ou dunha lingua estranxeira. Seguindo a tónica práctica destas sesións, fixemos unha actividade ao respecto. Para iso, nos dividimos en grupos e tivemos que decidir que metodoloxía didáctica era a máis axeitada para diversas situacións que se nos presentaron nunha táboa. A continuación, fixemos unha posta en común co resto do grupo-aula escribindo os resultados nun documento partillado. Aínda que en xeral había bastante consenso, o meu grupo non estivo de acordo cunha das decisións tomadas. En concreto, desestimouse que o 'inglés para fins específicos' fose unha metodoloxía axeitada para un grupo de viúvas. Ao meu entender, se nos cinguimos á súa definición (''English for specific purposes (ESP) refers to the teaching and learning of English as a second or foreign language where the goal of the learners is to use English in a particular domain' [énfase propio] -fonte-), este grupo pode perfectamente ser obxecto desta metodoloxía, sempre que estean a aprendelo para un 'particular domain'. Co risco de caer en estereotipos sobre as mulleres viúvas, eu me pregunto: Que diferencia hai entre ensinar inglés culinario nun ciclo superior de restauración ou facelo a un grupo que se adica a cociñar tódolos días e que quere mellorar o seu coñecemento de lingua para poder realizar receitas doutras culturas? Ningunha. Dende un punto de vista estrictamente lingüístico, o contido é o mesmo. 

Seguindo na mesma liña e tamén no eido da didáctica, na última parte do temario centrámonos nas variables na situación de ensino; a saber: as características do alumnado, as características dos centros e os obxectivos. Como primeira toma de contacto, comezamos realizando outro diagrama de Venn, desta vez sobre as diferencias e semellanzas na aprendizaxe dunha lingua estranxeira na adultez ou na infancia. Xurdiu aquí un problema de índole terminolóxica na realización da actividade, xa que a maioría de nós non entendemos adultez tal e como se conceptualiza no eido da aprendizaxe dunha lingua estranxeira (a partir dos 12 anos), o que invalidou moitas das nosas reflexións. A pesar disto, o que quedou moi claro é que a ensinanza a crianzas implica un nivel de dinamismo, incluso físico, que non ten parangón no ensino a adultos; polo menos non na mesma medida. Outra cuestión que me chamou a atención durante o repaso teórico que fixemos deste bloque antes de proceder á actividade final, foi o feito de que o tipo de centro (público, concertado ou privado) inflúe moito nos resultados que obtén o alumnado, saíndo a ensinanza pública e privada mellor paradas que a concertada. Para finalizar este bloque sobre a didáctica das linguas cun apunte crítico, realizamos outra actividade, desta vez aplicando a técnica dquebracabezas de Aaronson para realizar a análise de unidades de distintos libros de texto e poder contrastar os resultados. En certa medida, considero que o efecto foi semellante ao da actividade do Placemat, xa que permite trasladar moito contido a todo o grupo-aula nun tempo no que sería imposible facelo se cadaquén se parase a responder todas as preguntas ou, neste caso, a analizar tódolos manuais. 


Gustaríame rematar salientando que nestas sesións tratamos temas de moita importancia de cara á comunicación con outras persoas adicadas a docencia: non esquezamos que sen ter un 'patrimonio' terminolóxico común a inter-comunicación non sería posible, e sería unha mágoa que profesionais que se adican ao sector da comunicación fiquen incomunicados/as... non si? Por iso coido que as aclaracións sobre as posibles taxonomías das linguas en función do seu contexto de adquisición e en función do seu contexto de uso foron especialmente útiles. Ademais, son imprescindibles para abordar o segundo bloque temático sen confusións: a didáctica de linguas (que variará en función do tipo de lingua que se trate: inicial, segunda ou estranxeira) e as variables na situación de ensino (que circunscribimos ao eido que nos ocupa: ao da lingua estranxeira). E non só tratamos temas relevantes de cara á nosa práctica profesional e á relación con outras persoas do sector, senón que o fixemos dunha maneira dinámica que exemplifica o xeito no que teriamos que interactuar, desta vez, co noso alumnado. Agora só nos queda... levar o aprendido á práctica. Boa sorte nesta empresa, docentes!

Comments

  1. ¡Hola, Rut!

    Enhorabuena por tu entrada, como siempre, has conseguido plasmar los contenidos y las actividades realizadas de manera muy clara y organizada de modo que tu entrada es muy amena y fácil de leer.

    En cuanto a tus reflexiones, me gustaría mencionar que estoy totalmente de acuerdo con todas ellas. Por ejemplo, al igual que a ti, el concepto de lengua materna también me ha resultado siempre muy confuso, de hecho, no tenía nada claras las diferencias entre lengua materna y primera lengua. Sin duda, los contenidos tratados y las actividades realizadas en el aula me han ayudado a aclarar mis dudas respecto a este tema.

    Por otra parte y en relación con la actividad de Placemat que mencionas, también me ha resultado muy curioso el tema de la política lingüística impuesta por algunas empresas como es el caso de El Corte Inglés, sin duda es un claro ejemplo de los prejuicios lingüísticos con los que todavía tienen que cargar algunas lenguas.

    Finalmente, en cuanto a si el inglés para fines específicos es o no una metodología adecuada para llevar a cabo con un grupo de viudas, opino que afirmar que esta metodología no podría estar nunca relacionada con un grupo de viudas me parece que es caer en estereotipos. Además, como tu bien explicas, si nos ceñimos al criterio lingüístico el inglés que se enseña en un ciclo superior de restauración y el que se podría enseñar a un grupo de viudas que quieran mejorar sus conocimientos de inglés para poder entender y cocinar recetas de otras culturas es exactamente el mismo.

    ¡¡Enhorabuena una vez más por tu entrada y hasta la próxima!!

    ReplyDelete
    Replies
    1. ¡Hola, Joana!

      Agradezco mucho tu comentario y todas tus aportaciones. La verdad es que que El Corte Inglés tuviera esa política lingüística a mí me resultó muy chocante.

      En cuanto a la cuestión de las viudas, yo creo que aún a día de hoy este tipo de categorizaciones surgen en parte de la herencia que aún arrastramos de la división sexual del trabajo. Es decir, creo que es una cuestión de género, según la cual el trabajo que han realizado las mujeres en el ámbito doméstico se asociada a la esfera de lo privado, se naturaliza y se desvaloriza. Sin embargo, el mismo trabajo realizado en el ámbito público (empleo remunerado) cobra mayor valor y se considera más especializado. Creo que la cuestión de la cocina es un muy buen ejemplo de cómo se puede visualizar esta dinámica, ya que la labor de cocina que se da en el seno de los hogares no suele considerarse una labor especializada a la par de la que realiza un cocinero profesional, a pesar de que en muchos casos la calidad del resultado sea equiparable.

      Por otra parte, como bien dices, no hay que caer en estereotipos. Por desgracia, no todas las viudas son mujeres mayores y a muchas no les interesará para nada la cocina….

      Un saludo y muchas gracias por tu comentario,

      Delete

Post a Comment