Ola, docentes
en formación!
Hoxe imos falar
dos temas tratados nas primeiras dúas sesións que impartiu a
profesora Úrsula Kirsten Torrado. Estes se poden englobar en tres
grandes bloques: a titoría e as habilidades para a vida; as medidas
de atención á diversidade e, dentro destas, as actividades máis
efectivas para o alumnado PMAR ('Programa de Mellora da Aprendizaxe e
do Rendemento') e, por último pero non por iso menos importante,
as/os auxiliares de conversa e os programas AICLE ('Aprendizaxe
Integrada de Contidos e Linguas Estranxeiras'). Xa vedes que son
temas extensos dos que se podería falar largo e tendido, así que
tentarei ser sintética para que quededes cunha idea de conxunto.
Comecemos
pois, pola titoría. Teño
que dicir que as funcións titoriais me resultan moi atractivas, xa
que creo que teñen moi presente a educación integral. En
primeiro lugar, porque pretenden vincular a experiencia escolar co
que acontece máis aló do recinto e, sobre todo, porque non se
centran só na adquisición de coñecementos (que tamén), senón que
teñen unha visión holística do desenvolvemento do alumnado en
tanto que persoas con necesidades psicosociais que hai que traballar
para que poidan ter relaciones intra e interpersoais sas. Por iso
nestas sesións de titoría se desenvolverán actividades destinadas
a mellorar as súas 'lifeskills'
ou hablididades para a vida. Actividades
que, dende un punto de vista loxístico, cómpre consultar coa persoa
orientadora antes das pór en práctica. Houbo un par de cuestión que
me chamaron a atención. Por unha banda, alegroume saber que a
educación sexual que se imparte durante as horas de titoría non
parte dunha visión patoloxizante, senón que é unha educación
afectivo-sexual,
na que se trata tamén, polo tanto, o compoñente emocional. Se
queredes formarvos máis neste eido, recoméndovos a lectura da
catedrática de filosofía e ex-profesora de secundaria Mercedes Oliveira Malvar, viguesa que é un referente en educación
afectivo-sexual con perspectiva de xénero a nivel nacional e que ten
publicado libros tal que La educación sentimental: una propuesta para adolescentes.
Por outra banda, aínda que nesta mesma liña, tamén vimos que é
tan importante saber manter relacións interpersoais como o é saber
rematalas cando estas nos prexudican. A este respecto, e en
referencia ás relacións amorosas na
adolescencia, recomendo a lectura da socióloga Carmen Ruiz Repullo.
Se
temos en conta que as temáticas que se teñen que abordar
nestas horas
de titoría son
de carácter sensible, non
adoita ser recomendable facelo en lingua estranxeira,
agás en situacións moi puntuais; a saber: se o alumnado e os
titore/as legais están de acordo, se o alumnado ten un nivel alto de
LE e se a inspección /administración dá o seu visto bo. Isto non
quere dicir que teñamos que desistir de tratar temáticas vinculadas
á LE neste espazo: pódese facer, sempre que estean ben integradas nos contidos pertinentes durante a hora de titoría. Para que vos fagades unha idea de como se
poderían incorporar, déixovos aquí a
actividade titorial que elaborei xunto coa miña compañeira Joana
Costas Domínguez, na que pretendemos potenciar o coñecemento da
política do actual presidente estadounidense para cos migrantes sud
e centraoamericanas/os da 'caravana de migrantes'.
Volvamos
pois centrarnos nas habilidades, esta vez si, de corte máis
académico. Que é a diversidade e como podemos
abordala na aula de LE? O primeiro que debemos ter en conta é que a
diversidade é un feito incontrovertible nas nosas aulas: cada persoa
aprende dun xeito diferente e ten máis ou menos habilidades en
distintas áreas, tal é como postula a teoría das intelixencias
múltiples de Garner. Ademais, no eido educativo identificase un
colectivo amplo denominado ACNEAE (alumnado con necesidades
específicas de apoio educativo), que á súa vez inclúe outros
colectivos, como o ACNEE (alumnado con necesidades educativas
especiais), o alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe,
o ACNEAE por condicións persoais ou historia escolar, o alumnado de
incorporación tardía no sistema educativo, o alumnado con altas
capacidades intelectuais e o alumnado con TDAH (trastorno por déficit de
atención e hiperactividade). Unha vez admitimos que a diversidade
será parte consubstancial da nosa práctica docente: como podemos
facer para atender á esta e que todas/os os estudantes poidan
acceder ao contido en igualdade de condicións? Pois ben, dependendo
do tipo de estratexias e programas que poñamos en práctica, podemos
levar a cabo medidas
ordinarias ou extraordinarias para
flexibilizar as aprendizaxes. Iso si, as segundas sempre deben ir
precedidas das primeiras, posto que implican modificacións
significativas do currículo. Tamén existen programas de atención á
diversidade a nivel colectivo, como pode ser a FPB (formación
profesional básica), destinada a que o alumnado poida seguir
formándose no eido profesional sen ter que obter o título da ESO.
Outro programa para estudantado que si queira optar a obter o título
sería o PMAR,
que permitiría flexibilizar segundo ou/e terceiro da ESO. Neste
caso, o profesorado de LE impartiría un dos tres ámbitos nos que se
subdividen estes estudos: o de linguas estranxeiras. É importante
ter en conta que a maneira de impartir a materia pode variar con
respecto á do grupo ordinario, xa que as actividades terían que ser
adaptadas: reducindo o número de palabras de vocabulario, empregando
cores para facilitar o reordenamento das frases na orde sintáctica
correcta... Hai editoriais que xa teñen manuais ou workbooks
específicos de 'reforzo'. Por exemplo, o libro Essential Practice, da editorial Oxford, complementa aos libros de texto ordinarios Spectrum e Mosaic, da mesma editorial.
Por
último, gustaríame determe en varios temas que nos incumben moi
directamente a nós como futuros/as docentes de LE: os programas
existentes para o fomento das linguas estranxeiras, os auxiliares de
conversa e os programas AICLE. Os
programas para a mellora e perfeccionamento de linguas
estranxeiras son
moi variados e, como podedes ver nesta ligazón, van dirixidos a un público moi amplo, que comprende
tanto ao alumnado, coma ao profesorado (como xa comentabamos nesta entrada), ou a determinados centros (plurilingües e EOIs) ou
seccións (bilingües). Estes son centros nos que se imparte a
metodoloxía AICLE nunha
ou varias materias, como sería o caso do centro concertado do que
vos falei na miña presentación. Como en calquera outra materia, no dominio
cognitivo as materias AICLE se rexen pola mesma progresión de
aprendizaxe que teorizaron Bloom e –posteriormente– Anderson,
e que vai das habilidades cognitivas de orde inferior (LOTS,
polas súas siglas en inglés) cara as habilidades cognitivas de orde
superior (HOTS).
En calquera caso, o obxectivo destas clases é traballar estes 5 C:
o contido, a comunicación, as competencias, a comunidade e a
cognición.

Precisamente nestes centros plurilingües ou seccións bilingües é onde máis posibilidades teremos de atopar ás/aos auxiliares de conversa, xa que teñen prioridade sobre outros centros que non se centran tanto no emprego das LE. Esta persoa conta cunha serie de responsabilidades no centro, pero terá que exercer as súas funcións guiada e acompañada polo docente da materia. Déixovos á dereita unha ilustración, feita por min a partir do contido impartido na aula, coas tarefas destas persoas. Amais, a título ilustrativo de como se poderían tratar as 5 competencias nunha clase AICLE e como esta se vería enriquecida pola presencia dun/ha auxiliar de conversa, a miña compañeira Joana Costas Domínguez e mais eu deseñamos esta clase, que está encadrada nun ciclo superior de FP de dirección de servizos de restauración. Hai moita comida polo medio, así que esperamos que vos aproveite...
Como
conclusión, a pesar da cantidade de contido impartido, estas sesións
foron particularmente dinámicas. Persoalmente, considero que, en
tanto que futuras docentes de linguas estranxeiras e titoras, é clave que
saibamos como apoiar ao noso alumnado, en toda a súa diversidade, tanto a
nivel cognitivo como psicosocial. En caso de non saber como facelo,
non debemos esquecer que contamos co apoio do orientador do centro.
Por outra banda, cómpre que sexamos conscientes dos recursos
institucionais dos que posiblemente dispoñamos para poder dinamizar as nosas aulas (como poden ser as auxiliares de conversa) e das peculiaridades que supón
impartir unha materia a través da metodoloxía CLIL. Non
desesperemos: practice makes perfect, non si? Agora só queda
aplicar o aprendido...
Boas tardes, Rut!
ReplyDeleteEn primeiro lugar, gustaríame darche o parabén pola túa entrada, xa que creo que soubeches explicar os contidos á perfección, á vez que nos achegar a túa opinión e experiencia persoal respecto diso.
Coincido contigo en que como futuros docentes, e titores, debemos saber apoiar ao noso alumnado non só en canto á impartición de contidos, senón tamén no ámbito psicosocial. Nunca debemos esquecer que cada grupo-aula ten unhas características particulares, que debemos atender seguindo algunhas das medidas de atención á diversidade das que nos falaches como os grupos, PMAR, a FPB, etc. Sempre con axuda do orientador, por suposto.
Por último, gustaríame engadir que, desde o meu punto de vista, os programar de auxiliares de conversación deberían permitir que non só asistisen a centro plurilingües ou a seccións das EOI, senón a todos os centros, porque considero que pode ser unha experiencia bastante satisfactoria para o alumnado. Así mesmo, gustoume que enfoques a actividade da metodoloxía CLIL a unha clase de ciclo de superior de dirección de servizos de restauración, xa que creo que aí se pode aprender moito vocabulario que lles pode ser de gran utilidade ao alumnado.
Un saúdo!
Ola, María:
DeleteMoitas grazas polas túas achegas. Alégrome de que che gustase a entrada e de que tamén penses que é importante, en tanto que titore/as e docentes, axudar ao alumnado de maneira holística, tendo presente a situación particular de cada grupo-aula.
Ademais, estou totalmente de acordo contigo en que sería estupendo poder contar con auxiliares de conversa en tódolos centros, non soamente nos plurilingües, nas seccións bilingües e nas EOI, para que todo o alumnado se puidese beneficiar da súa presenza.
Graciñas de novo e un saúdo para ti tamén!
Grazas María e Rut polos comentarios.
DeleteLémbrovos, que se lles da preferencia aos centros plurilingües, ás seccións bilingües e as Escolas Oficiáis de Idiomas, pero que os resto dos centros tamén poden solicitar auxiliares de conversa.
Un saúdo,
Úrsula.
¡Hola, Rut!
ReplyDeleteMe gustaría darte la enhorabuena por esta entrada puesto que has expresado tus reflexiones y los diferentes contenidos tratados a lo largo de las sesiones de forma clara y sencilla, siendo de este modo muy fácil seguir la entrada y comprender sus contenidos. Estoy totalmente de acuerdo con muchos de los aspectos que comentas como, por ejemplo, la importancia de que las sesiones de tutoría dedicadas a la educación sexual traten también este tema desde un punto de vista afectivo-emocional. Considero que esto es sumamente importante sobre todo en etapas como la educación secundaria. Por otra parte, agradecerte también que nos hayas facilitado enlaces tan interesantes como el del libro de Mercedes Oliveira sobre este tema de educación sentimental, así como la lectura de la socióloga Carmen Ruiz sobre las relaciones amorosas en la adolescencia. No dudaré en leérmelos puesto que considero fundamental estar formada y al tanto de estos aspectos para transmitir a los adolescentes la información necesaria en mi futuro como docente.
¡Un saludo y hasta la próxima!
¡Hola, Joana!
DeleteMuchas gracias por tus apreciaciones, me alegro de que te haya resultado de utilidad la entrada. Con respecto a la cuestión de la educación sexual en la hora de tutoría, como bien dices, la adolescencia es una etapa crucial y muchas veces esta formación se centra en dar una visión patologizante de la sexualidad, dejando de lado la esfera afectiva. En mi opinión, esto resulta contraproducente, ya que este enfoque es positivo incluso desde una postura tradicional, puesto que solo aquellas/os adolescentes que estén en relaciones amorosas respetuosas e igualitarias podrán negociar sus prácticas sexuales con tranquilidad y sin violencias de ningún tipo (como, por ejemplo, coacciones), con la consiguiente reducción de ETS o embarazos no deseados.
Si quieres un adelanto al texto de Carmen Ruiz para ir abriendo boca, te recomiendo su vídeo educativo (de un cuarto de hora) 'La historia de Pepa y Pepe. La escalera cíclica de la violencia de género en la adolescencia'. https://www.youtube.com/watch?v=IpaabDdQNO8. En mi opinión, esta investigadora es muy buena comunicadora. También te recomiendo este manual para prevenir la violencia en las relaciones amorosas adolescentes, ya que tiene nueve propuestas de actividades prácticas al final que se podrían llevar a cabo perfectamente en la hora de tutoría: http://www.juntadeandalucia.es/iam/catalogo/doc/iam/2009/28777.pdf
Gracias por leerme... ¡Seguimos en contacto!
Ola Rut,
ReplyDeleteMoitas grazas pola túa contribución na entrada e as túas ideas.
A continuación fago algúns comentarios:
Non incluíches a tarefa na que tiñas que falar das posibles actividades para incluír aos/ás auxiliares de conversa (que se fixo na clase), non a das 5Cs que tamén debía incluír ao/á auxiliar. Por lo tanto esta actividade conta como non entregada.
A actividade para a titoría paréceme moi interesante, ademais de fomentar o interese e o respecto por outras culturas e promover a empatía e os dereitos humanos. O único é que o teu blogue é en galego e a actividade a presentas en castelán. Por outra banda, o día da paz é o 30 de xaneiro, non o 28. Quizás, haxa unha porcentaxe alta de alumnado que non estea familiarizada ca situación socioeconómica e política doutros países como Honduras e teña coñecementos escasos ou nulos sobre el decreto de Trump, polo que poden necesitar unha sesión previa para entender ben as implicacións dun decreto. Igual tamén sería unha boa idea, relacionar situacións de fóra, con situacións relacionadas ca súa propia nación, comunidade, etc. Ti mencionas que o tema da política. Lembra que temos que manternos neutrais ante as diferentes ideoloxías.
Howard Gardner (non Garner) foi quen formulou a teoría das intelixencias múltiples.
Cando falas da FPB e de PMAR, non é que o alumando queira ou non o título da ESO e decida ir a un ou ao outro. O profesorado propón ACNEAE para PMAR cando ve que hai perspectivas de que titulen se entran no programa (alumnado con unhas características concretas, que teña dificultades que non teñan que ver coa falta de traballo). O alumnado da FPB é alumnado que non adquiriu as competencias básicas da ESO (pode ser alumnado ACNEAE ou non). A FPB prepáraos para diferentes ramas profesionais. O título da FPB dálle acceso aos graos medios e tamén ao título de graduado na ESO. Estas son medidas para que todo o alumnado teña unha certificación e poda acceder ao mercado laboral.
Cando falas de que tarefas son mellores para o alumnado de PMAR o fas moi polo miúdo. Gustaríame que afondases un pouco máis nesta pregunta. Só escribiches: “reducindo o número de palabras de vocabulario, empregando cores para facilitar o reordenamento das frases na orde sintáctica correcta...” Poderías incluír máis información como que é común que sexan actividades moi guiadas, a lingua das instrucións pode ser a materna, os exercicios de relacionar e unir son moi habituais, úsanse cores, actividades repetitivas e mecánicas axúdanlle a memorizar estruturas, etc.
A actividade da lección CLIL que propós paréceme súper interesante. Pero fíxate que mezcláchedes tres linguas. Está en castelán, galego e inglés. As 5 Cs as podedes traducir: comunidade, contido, comunicación, competencia e cognición. Cando presentamos unha actividade, deberíamos empregar unha única lingua e todo o que copiemos de decretos, leis, etc., deberiamos traducilo, igual que cando nos presentamos ás oposicións de inglés, só podemos usar esa lingua e non podemos usar nin o castelán nin o galego para referirnos aos estándares de aprendizaxe. Nos contidos tamén poderiades incluír traballar con diferentes medidas de peso (porque van a traballar con receitas internacionais). Fíxate que a temporalización non está especificada (cantas sesións precisades). Encántame a comparativa entre os pratos locais e os internacionais.
Gústame moito como está redactada esta entrada e que os links se abren noutra fiestra, polo que non hai que ir para atrás senón que se poden pechar ou deixar abertas.
Grazas polo traballo e as túas ideas,
Un saúdo,
Úrsula.