Bos días, compañeiras/os!
Hoxe vos vou falar dun tema do meu interese: os cursos de especialización nas ensinanzas de idiomas de réxime especial, por desbancarmos un pouco da súa oferta ordinaria. Centrareime sobre todo na nosa comunidade. Como aprendemos durante as sesións presenciais, xa nos primeiros anos da andadura das Escolas Oficias de Idiomas no noso país (entre o 1911 e o 1919) existía un curso complementario e de ampliación destinado a distintos colectivos profesionais, e que incluía correspondencia mercantil, tecnoloxía industrial ou literatura, entre outros. Tamén vimos que, na actualidade, seguen a existir este tipo de cursos de actualización/especialización, tanto xerais como destinados a mellorar unha destreza concreta, tal que a tradución ou as destrezas de expresión oral.
Isto non nos debería de sorprender, se temos en conta que as últimas novidades lexislativas recollen de maneira explícita a necesidade de contar con este tipo de cursos. A nivel nacional, o Real Decreto 1041/2017, de 22 de decembro, afirma que 'Las enseñanzas de idiomas de régimen especial descritas en este currículo básico se orientan, por tanto [...] al desarrollo de destrezas parciales en una o varias lenguas, en idiomas para fines específicos, mediación u otros, así como a la formación del profesorado u otros colectivos profesionales' [énfase propio]. Na Comunidade Autónoma Galega, o Decreto 81/2018, de 19 de xullo, establece no seu Artigo 4, adicado en exclusiva aos cursos de especialización, que 'a consellería competente
en materia de educación poderá organizar cursos para a
actualización, perfeccionamento e especialización de competencias
en idiomas dirixidos ao profesorado e outros colectivos profesionais,
e, en xeral, a persoas adultas con necesidades específicas de
aprendizaxe de idiomas' [énfase propio]. Nese mesmo decreto, tamén se mencionan este tipo de cursos no Artigo 6, que versa sobre os procedementos de acceso e de matrícula. Se analizamos a oferta formativa das principais EOIs da Comunidade Galega (as de A Coruña, Santiago, Lugo, Vigo e Ourense), podemos concluír que esta formación pode encadrarse dentro de varias liñas, que se poden categorizar á súa vez en cursos destinados a colectivos profesionais e aqueles que teñen en mente ao público en xeral.
Comecemos pola formación destinada a colectivos profesionais. Como podemos ver, na lexislación nacional e autonómica faise moito fincapé nos cursos para o 'profesorado'. Isto parece ser coherente coa práctica, xa que nas EOI os cursos destinados ao corpo docente son os que teñen máis peso. Organízanse, sobre todo, xunto co Centro Autonómica de Formación e Innovación (CAFI). Por un lado, temos os de actualización lingüística e comunicativa de francés e inglés (CALC), orientados a docentes de centros plurilingües e seccións bilingües. Por outra banda, tamén hai outros cursos de lingua para este colectivo de diversos idiomas e niveis (CFR) e cursos para a mellora da 'competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira do profesorado', encadrados dentro do programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE). A modo de exemplo, na EOI de Vigo, os cursos CFR e CALC comprenderon as linguas inglesa, francesa e tamén a portuguesa, e non se limitaron á sede central, senón que se están a impartir tamén nas seccións de Cangas, Coia, Nigrán e Tui. Sempre co corpo docente en mente, a EOI de Santiago ofertan a maiores cursos estivais para a formación de profesorado nacional e estranxeiro en materia de temas metodolóxicos e de avaliación e certificación. Aínda que as EOI tamén poñen á disposición doutros colectivos profesionais cursos de linguas de especialización, a súa oferta non é constante, senón que a súa dispoñibilidade poden variar de ano en ano. Isto, xunto coa devandita mención explícita na lexislación ao corpo docente, pon de manifesto como este é o colectivo profesional máis privilexiado por este tipo de cursos.
Se nos centramos en formación máis orientada ao público xeral, unha liña a constitúen os cursos monográficos de galego, tanto de linguaxe administrativa como de preparación para os certificados Celga, tal é como se recolle na resolución de 2 de agosto de 2018. Ao meu entender, os cursos preparatorios para estas probas, que convoca bianualmente a Secretaria Xeral de Política Lingüística, teñen boa acollida por ser a competencia en lingua galega un requisito ou mérito nos procesos de concurso-oposición da nosa comunidade. Outra liña comprendería os cursos monográficas abertos orientados a traballar algunha(s) competencia(s) concreta dunha lingua, ou ben todos os aspectos lingüísticos da mesma. Estes últimos diferéncianse dos cursos ordinarios en que non permiten a obtención dun certificado de nivel oficial ao seu remate. A modo de exemplo, este ano a EOI de Ourense, entre a súa sede e as seccións do Barco de Valdeorras, Celanova e Verín, oferta esta formación para o idioma alemán, o francés e o inglés.
Espero que esta entrada vos resultase algo esclarecedora. Xa sabedes que, como docentes que sodes, podedes aproveitarvos desta oferta formativa pública e especializada, xa sexa para mellorar o voso nivel doutra lingua estranxeira, máis alá da que xa ensinades na escola, ou ben para aprender máis da lingua galega a través dos cursos do celga ofertados en case tódalas EOI. Porque xa sabes que o proceso de aprendizaxe é continuo, e máis nunha área, a das linguas estranxeiras, que tanto nos interesa!
Rut Guinarte Mencía
Se nos centramos en formación máis orientada ao público xeral, unha liña a constitúen os cursos monográficos de galego, tanto de linguaxe administrativa como de preparación para os certificados Celga, tal é como se recolle na resolución de 2 de agosto de 2018. Ao meu entender, os cursos preparatorios para estas probas, que convoca bianualmente a Secretaria Xeral de Política Lingüística, teñen boa acollida por ser a competencia en lingua galega un requisito ou mérito nos procesos de concurso-oposición da nosa comunidade. Outra liña comprendería os cursos monográficas abertos orientados a traballar algunha(s) competencia(s) concreta dunha lingua, ou ben todos os aspectos lingüísticos da mesma. Estes últimos diferéncianse dos cursos ordinarios en que non permiten a obtención dun certificado de nivel oficial ao seu remate. A modo de exemplo, este ano a EOI de Ourense, entre a súa sede e as seccións do Barco de Valdeorras, Celanova e Verín, oferta esta formación para o idioma alemán, o francés e o inglés.Espero que esta entrada vos resultase algo esclarecedora. Xa sabedes que, como docentes que sodes, podedes aproveitarvos desta oferta formativa pública e especializada, xa sexa para mellorar o voso nivel doutra lingua estranxeira, máis alá da que xa ensinades na escola, ou ben para aprender máis da lingua galega a través dos cursos do celga ofertados en case tódalas EOI. Porque xa sabes que o proceso de aprendizaxe é continuo, e máis nunha área, a das linguas estranxeiras, que tanto nos interesa!
Rut Guinarte Mencía
Ola!
ReplyDeleteGustoume moito o contido da túa entrada, sobre todo porque non sabía que as escolas de idiomas impartían cursos de formación de profesorado. Paréceme moi interesante que nos ofrezan a posibilidade de seguir formándonos como docentes máis alá deste Mestrado :)
Con respecto ós cursos de linguaxe especializada, considero que se están ben deseñados son moi útiles, pero é complicado atopar profesorado que combine o coñecemento técnico da especialidade co coñecemento lingüístico. Persoalmente, resultaríame moi difícil impartir un curso destas características se non teño coñecementos da temática.
Unha aperta!
Ola, Alicia, moitas grazas polo comentario!
DeleteÉ verdade o que dis de que é complicado impartir algo do que non se ten coñecementos previos, pero isto é como todo: é cuestión de especializarse e adquirilos. Eu creo que o problema sería ter que ir variando de especialización... Supoño que no caso de Vigo ten máis sentido centrarse na industria automobilística ou no sector pesqueiro. Sería interesante saber con que frecuencia se imparten estes cursos: eu non din atopado moita información ao respecto.
Saúdiña e graciñas de novo!