Sesión 3: As competencias clave e o ensino da gramática e do vocabulario

Bos días, compañeiros e compañeiras!

Aquí estamos de novo; desta vez para falar doutros dos temas que tamén revisten grande importancia para o noso labor pedagóxico: as competencias clave e o ensino da gramática e do vocabulario. Xa vedes que por unha banda imos centrarnos en aspectos transversais que temos que incluír na nosa aula de lingua e, pola outra, en temáticas vinculadas directamente á metodoloxía de ensino da lingua estranxeira en si mesma.

Comecemos, pois, polas competencias. Este é un tema que me interesa particularmente porque, ao igual que comentabamos na entrada precedente, hai que ter presente que o proceso de ensino-aprendizaxe ten que ir encamiñado ao desenvolvemento integral da persoa, non soamente á mera adquisición de 'coñecemento'. E estamos a falar de 'ensino-aprendizaxe', polo que é algo que compete a docente e discente. Polo que respecta á ou ao docente, este/a ten que reunir tres saberes para resultar competente: o máis estritamente teórico (saber), o máis práctico (saber facer) e que trataremos ao abordaren o deseño das actividades na segunda metade desta entrada e, por último, un saber emocional (saber ser) que implica ter boas habilidades intra e interpersoais para poder cultivar relacións sas co alumnado. Se nos centramos agora no estudante, esta/e ten que adquirir unha serie de competencias clave (segundo a LOMCE) ou competencias básicas (segundo a LOE) que lle permitan 'aplicar de xeito integrado os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa, e para lograr a realización adecuada de actividades e a resolución eficaz de problemas complexos' (DECRETO 86/2015, de 25 de xuño). O cambio da LOE á LOMCE non é soamente de nomenclatura. Os outros dous cambios máis significativos foron o paso  da 'competencia matemática' e a 'competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico' a unha única 'competencia matemática e competencias básicas en Ciencia e Tecnoloxía', polo que estas pasaron de ser oito a ser sete; a reescritura de 'autonomía persoal' por 'sentido da iniciativa e espírito emprendedor', co foco moito máis claro no mercado e, por último, a redución da competencia 'tratamento da información e competencia dixital' a 'competencia dixital':


Competencia dixital. Ilustración para uso Educativo das TIC.
Iso si, lembrade que temos que traballar tódalas competencias que marca a lei en cada unidade, aínda que non é obrigatorio traballar tódalas competencias en tódolos cursos. Por exemplo, segundo a Guía da LOMCE da Xunta, as competencias sociais e cívicas non hai que tratalas en primeiro da ESO, e tampouco fai mención ás competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, nin á do sentido da iniciativa e espírito emprendedor. O que temos que ter claro é que a final de curso o corpo docente terá que avaliar tódalas competencias que si teñamos que ter en conta por lei.

Seguro que de tanto falar de competencias tendes ganas de tratar algo máis circunscrito e manexable... pois ben, pasemos ao bloque máis 'lingüístico', centrado na competencia lingüística. Como podemos traballar a gramática e o vocabulario na aula de lingua? O enfoque no que nos imos mover é o enfoque comunicativo. Como o seu nome indica, este prima a comunicación sobre a corrección, en clara contraposición coa postura máis gramatical (método gramático-tradución) que tan estendida está na práctica. Persoalmente, considero que debemos centrarnos menos na precisión en niveis iniciais e traballala máis en niveis avanzados, nos que a lingua xa se vai empregar para usos máis específicos e formais, normalmente de corte académico ou profesional. Estou de acordo en que é importante adoptar unha postura intermedia entre o método dedutivo tradicional é o método indutivo, xa que creo que a comunicación ficou demasiado abandonada en aras da corrección durante demasiado tempo, pero tamén considero que o coñecemento da gramática (e da tradución) e útil na aula. As reflexións gramaticais permiten elaborar textos máis precisos, e o emprego das linguas iniciais e/ou segundas do alumnado pódenos axudar a aclarar puntos de difícil comprensión, así como a acelerar a aprendizaxe por comparación, forzándoos a centrarse nas cuestións que, por influxo destas linguas, máis problemas poden ocasionar. Non en van estamos a falar do potencial do plurilingüismo para mellorar as competencias en LE ou, como comenta a miña compañeira Laura Rodríguez Salgado, a importancia da translinguaxe. En calquera caso, algo que aplaudo da chegada do método comunicativo é o tratamento do erro que fai. Como xa cometamos noutra ocasión, é importante saber se e cando corrixir, e de que modo facelo para que resulte efectivo e non mine a autoestima e a motivación pola aprendizaxe do alumnado. 

Porén... como se concreta esta metodoloxía comunicativa na introdución dunha cuestión gramatical ou de vocabulario específica? Pois ben, é importante facer unha actividade de warm-up, contextualizar a cuestión gramatical ou léxica nun texto (no sentido amplo do termo), partir deste para activar o proceso indutivo (no caso da gramática) e asegurarnos de que as respostas son axeitadas e de que o vocabulario se entende, aclarando os conceptos que fagan falta. É moi importante que os exercicios que fagamos vaian aumentando en dificultade de maneira progresiva. Para que vexades un pouco como se podería pór en práctica o tratamento dunha cuestión léxica, a miña compañeira Joana Costas Domínguez e mais eu deseñamos estas tres actividades de vocabulario, nas que empregamos varios dos tipos facilitados pola docente durante as sesións como exemplos de actividades que adoitan motivar ao alumnado. Aquí tendes a ligazón directa a primeira delas, elaborada con Educaplay, por se queredes probala vós mesmos/as:



Pois nada, compañeiras, xa vedes que na aula de LE é importante introducir os contidos léxicos e gramaticais de maneira dinámica e motivadora, na progresión axeitada e, a poder ser, seguindo unha metodoloxía comunicativa. Do mesmo xeito, debemos valorar bastante cando cómpre ou non facer unha corrección, e de que maneira facela. Por outra banda, á hora de elaborar calquera unidade didáctica non debemos esquecer como imos traballar as competencias clave que, por lei, debemos tratar nos distintos cursos de secundaria. É importante saber cando e como as imos traballar para facilitar a avaliación das mesmas a final de curso pero, sobre todo, para non esquecer que a nosa labor docente vai moito máis alá do ensino da LE e ten que incluír o desenvolvemento de aptitudes que exceden as estritamente comunicativas. Ter isto presente nos axudará a non esquecer o papel de educadores que temos que desempeñar en toda a amplitude do termo. Boa sorte!

Comments

  1. Hola, Ruth. En primer lugar quisiera felicitarte por tu entrada, ya que creo que abordas los temas y actividades tratadas en clase y, además, aportas tus comentarios y reflexiones personales, así como información adicional muy interesante. Estoy de acuerdo contigo en que es muy importante, como docentes, que tener en cuenta el desarrollo de actitudes y habilidades que van más allá de las comunicativas, por lo que no debemos descuidar nunca la implementación de competencias y contenidos transversales en el aula.

    Asimismo, y en lo referente a las correcciones concuerdo en que es esencial valorar si hacerlas o no, cuando y como, ya que no siempre pueden tener el efecto que nosotros desearíamos. Deberemos evaluar cada caso de manera individual con el fin de que sirvan su propósito, de que fomenten el desarrollo del alumno a múltiples niveles y de que ayuden en su proceso de aprendizaje.

    ReplyDelete
    Replies
    1. Hola, Cayetana:

      Gracias por tus aportaciones. Y sí, es cierto que hay que valorar cuándo hacer las correcciones. También he conocido alguna profesora que considera que también es más productivo corregir de manera sistemática, sobre todo en niveles altos. Creo que, mientras no se mine la confianza de la persona y se esté aprendiendo, casi cualquier opción es válida.

      ¡Un saludo!

      Delete
    2. Gracias por vuestros comentarios Cayetana y Rut,
      Un saludo,
      Úrsula.

      Delete
  2. ¡Hola Rut!


    Enhorabuena por la entrada, me ha parecido muy clara y fácil de seguir. Me han parecido muy interesante los enlaces, y en especial la actividad que habéis diseñado Joana y tú. Estoy de acuerdo con Cayetana y contigo sobre el tratamiento de los errores y el no dejarnos llevar por “el boli rojo” que tanto hemos mencionado en clase.


    Un saludo


    Carla Ingeian

    ReplyDelete
    Replies
    1. Muchas gracias por tu comentario, Carla. Y sí, tiene razón en lo de que el tratamiento de errores es un tema delicado y el 'boli rojo' no siempre es la mejor solución. Por mi parte, prefiero el color verde... usado con moderación.

      ¡Un saludo!

      Delete
    2. Gracias por los comentarios Carla y Rut,
      Un saludo,
      Úrsula.

      Delete
  3. Ola Rut,

    Grazas pola túa entrada.

    Engado os meus comentarios a continuación:

    Non fixeches o exercicio 1 da sesión 3 onde tiñas que dicir como contribuímos dende a materia de LE as diferentes competencias. Conta polo tanto como non entregada.

    Na túa entrada pos: “O enfoque no que nos imos mover é o enfoque comunicativo. Como o seu nome indica, este prima a comunicación sobre a corrección, en clara contraposición coa postura máis gramatical (método gramático-tradución) que tan estendida está na práctica.” Ollo, isto non é de todo correcto. O enfoque comunicativo non está en contraposición co enfoque dedutivo (prima la gramática). Temos o enfoque dedutivo fronte ao indutivo (prima a fluidez sobre a precisión. O enfoque gramatical atópase no medio dos dous extremos. O enfoque comunicativo supón un equilibrio entre o enfoque indutivo e o dedutivo. Con este enfoque só se a gramática necesaria para o contexto comunicativo.

    Nas actividades de vocabulario non inclúes a temporalización. Sen esta información é moi complicado avaliar a actividade, xa que non te podo dicir se as actividades son suficientes para ou non xa que non sei cantas sesións son. As actividades que propós son moi interesantes e están ben. Está ben que pensaras no ACNEAE. É unha mágoa que non pensases nos fast-finishers nin no/a auxiliar de conversa. A actividade que propós como actividade unha, para min sería o warm-up. Gustoume moito a actividade que creaches en Educaplay e que empregases imaxes libres. Precisarías engadir unha actividade 1 guiada. De tódolos xeitos, paréceme que meteres tres temas de vocabulario é demasiado. Ademais a verdade é que eu non vexo moita relación entre o tema da música e do equipamento de aventura. Son moi poucas actividades para un vocabulario tan diverso. Ademais un dos temas non os introduces ao principio dos exercicios (tódolos temas teñen que ter un warm-up, un exercicio guiado, outro semiguiado e outro aberto). Eu poría o xogo de Taboo ou Catchphrase antes da conversation competition proque é máis complexa e unha actividade moito máis aberta. Fíxate tamén, que aquí lle pides ao alumnado que un tema que acabas de presentar o empregue sen modelalo.

    Presentas o blog en galego pero as actividades en castelán.

    Grazas polo teu traballo e esforzo,
    Un saúdo,
    Úrsula.

    ReplyDelete

Post a Comment