Bos días,
docentes en formación!
Sabemos que
hai moitas maneiras de dar clase e, a pesar disto, moitas veces
caemos en realizala segundo os patróns que nos resultan familiares.
Mais non ten por que ser así! Ao longo dos seguintes parágrafos
amosareivos como nas sesións pasadas se integraron unha grande
variedade de técnicas de ensinanza co fin de favorecer a participación do alumnado durante as sesións lectivas. Deste
xeito, podemos intercalar explicacións teóricas con aplicacións
teórico-prácticas, desdebuxando esta distinción tan artificiosa
como innecesaria entre teoría e práctica.
O
primeiro tema que tratamos foi o 5, que versou sobre o deseño
curricular. A actividade teórico-práctica que realizamos neste tema
foi unha que xa empregaramos na sesión introdutoria: a técnica
de debate
piramidal. O
obxectivo era dar resposta ás seguintes cuestións: Que
é o currículo? Que elementos ten o currículo? Cales son as competencias básicas?
Esta técnica parte dun debate en parellas, para ir aumentando
progresivamente o número de integrantes do grupo de discusión: as
parellas se axuntan en grupos de catro e os grupos de catro en grupos
de oito. De seren a clase máis numerosa, volveríase a repetir a
operación as veces que cumprise. Deste xeito, pártese dun grande
número de ideas para ir acoutando o radio de acción a un puñado. Se nos centramos xa no contido, con respecto á definición,
concluímos que o currículo se podería definir como o
'documento que recolle a planificación dos elementos prescriptivos,
durante o proceso de ensinanza-aprendizaxe, dende o seu inicio á súa
fin, en diferentes centros de
ensinanza e dentro do marco da educación formal'. A definición
oficial é algo máis sinxela, xa que fala da 'regulación dos elementos que determinados procesos de ensino e aprendizaxe para cada unha das ensinanzas'. En canto aos elementos do currículo, este debate serviume para aclarar unha cuestión que me causaba dúbidas; a saber, que a metodoloxía didáctica si forma parte do currículo. Por último, identificamos sen problema as competencia clave (do currículo de sencundaria e bacharelato). No meu caso concreto, este último elo permitiume aclarar que os conceptos que cría que eran competencias xerais ou 'destrezas' no currículo da EOI (comprensión de textos orais, comprensión de textos escritos...) non eran tales, senón que constitúen competencias comunicativas.
A seguinte
cuestión que tratamos mediante una actividade teórico-práctica
foron os niveis de concreción curricular. Para
iso, realizamos un cuestionario en formato Kahoot. Con
respecto ao formato, nunca o empregara e, persoalmente, resultoume
unha ferramenta atractiva para usar co alumnado, especialmente o
dos primeiros cursos da ESO que, pola súa idade, adoitan agradecer
máis as técnicas de ludificación da aprendizaxe. Ademais,
considero positivo que se poida facer en parellas, xa que permite
saír do illamento habitual no que se atopan as e os discentes no
discorrer habitual da docencia e favorecer o desenvolvemento de
competencias de comunicación interpersoal. Con respecto ao contido,
resultoume algo complexo, xa que tiña lagoas previas importantes en
canto aos niveis curriculares, como non facer distinción entre as competencias do Goberno de Estado e as do
Ministerio de Educación. Por mor deste tipo de lagoas de base, o meu
aproveitamento da Kahoot foi limitado, polo que considero que este
tipo de actividades son máis útiles se o alumnado ten algún
coñecemento previo do tema ou, de non ser o caso, se lle fai unha breve explicación
teórica antes de comezar.
Máis adiante realizariamos outro Kahoot aplicado ás linguas estranxeiras no currículo das ensinanzas de idiomas de réxime especial. Este resultou máis doado, posto que xa estabamos familiarizadas co formato e dominabamos máis esta temática. Un aspecto que paga a pena salientar é o feito de que, aínda que o Goberno de Estado fixe a duración mínima e máxima das ensinanzas para cada un dos niveis intermedio e avanzado, é cada Comunidade Autónoma a que, cinguíndose a eses patróns estatais, finalmente escolle a súa duración.
Máis adiante realizariamos outro Kahoot aplicado ás linguas estranxeiras no currículo das ensinanzas de idiomas de réxime especial. Este resultou máis doado, posto que xa estabamos familiarizadas co formato e dominabamos máis esta temática. Un aspecto que paga a pena salientar é o feito de que, aínda que o Goberno de Estado fixe a duración mínima e máxima das ensinanzas para cada un dos niveis intermedio e avanzado, é cada Comunidade Autónoma a que, cinguíndose a eses patróns estatais, finalmente escolle a súa duración.
A última
actividade práctica que realizamos neste tema foi a elaboración dun Google Docs sobre as
linguas estranxeiras no currículo da LOMCE.
Dende un punto de vista técnico, a maior dificultade que lle
vexo ao emprego dos documentos compartidos en liña é que, cada vez
que alguén que está a traballar nunha das primeiras seccións do
arquivo engade algo, móvense as partes que lle seguen, polo que as
persoas que están escribindo debaixo perderán tempo (e
concentración) localizando o punto no que se atopaban de maneira
reiterada. Dito isto, este tipo de técnica paréceme particularmente
interesante xa que permite que cada estudante poda levar a casa un
produto-compendio de todo o traballo feito polo grupo-aula ou, como
no noso caso, do feito polo noso grupo e polo grupo paralelo. Isto é
moi útil en centros grandes nos que hai numerosas liñas porque lle
permite ao estudantado comparar a información recabada polo seu
grupo coa recollida polas e polos compañeiros cos que non comparten espazo físico, e poder así detectar coincidencias e discrepancias,
así como posibles erros, con maior facilidade. Polo que
respecta ao contido en si, nós tivemos que analizar as linguas
estranxeiras na organización da ESO. Chamoume a atención que o
primeiro ciclo deste período educativo comprendese os tres primeiros
anos, e que o segundo se limitase a cuarto da ESO, así como que este último curso se puidese estudar por dúas vías ben diferenciadas: a
opción de ensinanzas académicas e a de ensinanzas aplicadas.
Podemos
concluír que as posibilidades de facer máis práctica a aprendizaxe
'teoricamente teórica' son múltiples. Esta diversidade é positiva, xa que non debemos de esquecer que o noso alumnado é tamén moi
diverso e terá estilos de aprendizaxe distintos. No meu caso
particular, como estudante saqueille máis proveito ao Google Docs,
pois permite unha reflexión máis sosegada que o Kahoot e obriga
a poñer as conclusións por escrito, o que facilita a consulta a posteriori das
contidos. Como profesora, tentaría
integrar tódolos tipos de actividades para atender a esta
diversidade de aptitudes. Que fariades vós de non seren docentes en
formación, senón en activo?
Rut Guinarte Mencía
Rut Guinarte Mencía

Gracias por resolve-las dúbidas máis comúns que quedaron dende o pasado. A túa entrada é perfecta para actualizarse e especificar un pouquiño máis os coñecementos que ya tíñamos un pouco antes.
ReplyDeleteExcelente resumo da clase e mención especial ás posibles aplicacións da actividade de google docs en centros con moitas clases.
Coincido en que os Kahoots poderíanse aproveitar máis sen lagoas previas, aínda que penso que como tarefa inicial tamén están ben, sempre que se traballe un pouco máis xusto despois de terminala.